- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 22 Abril 2009 22 Abril 2009
Avalancha de veciños na Casa do Concello

Pichurri e Sisa durante un momento da exposición do PXOM no Salón de Plenos do Concello de Camariñas
Despois de percorrer as distintas parroquias do Concello, o Plan Xeral de Ordenación Municipal chegou á súa última escala: o Salón de Plenos da Casa do Concello onde permanece exposto dende o pasado luns 20 de abril ata o venres 24, se ben o período de exposición pública é de 2 meses e non rematará ata o 14 de maio, podendo presentar os veciños as alegacións que estimen pertinentes ata esa data. O caso é que a expectación xerada polo PXOM fai que unha auténtica avalancha de veciños se acheguen pola Casa do Concello xa dende primeiras horas da mañán se ben o horario de atención aos veciños en principio vai de 10:00 a 14:00 horas.
O personal do Concello encargado de atender aos veciños, solventar as súas dúbidas e reponder as súas consultas está constituido pola auxiliar administrativa Mari Búa, a Arquitecta Municipal Asunción Méndez Vilalta (Sisa) aos cales se engade dende que se iniciou a xira polas parroquias o Alcalde Pichurri. Xa no primeiro día de exposición en Camariñas pasadas as tres da tarde aínda se estaba a atender a veciños do Concello, continuando o mesmo ritmo nos días sucesivos. Este xoves 23 chegan as Festas de San Xurxo e está por ver se o Santo Patrón pode ca expectación xerada polo Plan. Pulsa na imaxe para ver unhas imaxes de como se está a levar a exposición do PXOM na Casa do Concello.
Avalancha de veciños na Casa do Concello
Despois de percorrer as distintas parroquias do Concello, o Plan Xeral de Ordenación Municipal chegou á súa última escala: o Salón de Plenos da Casa do Concello onde permanece exposto dende o pasado luns 20 de abril ata o venres 24, se ben o período de exposición pública é de 2 meses e non rematará ata o 14 de maio, podendo presentar os veciños as alegacións que estimen pertinentes ata esa data. O caso é que a expectación xerada polo PXOM fai que unha auténtica avalancha de veciños se acheguen pola Casa do Concello xa dende primeiras horas da mañán se ben o horario de atención aos veciños en principio vai de 10:00 a 14:00 horas.
O personal do Concello encargado de atender aos veciños, solventar as
súas dúbidas e reponder as súas consultas está constituido pola
auxiliar administrativa Mari Búa, a Arquitecta Municipal Asunción
Méndez Vilalta (Sisa) aos cales se engade dende que se iniciou a xira
polas parroquias o Alcalde Pichurri. Xa no primeiro día de exposición
en Camariñas pasadas as tres da tarde aínda se estaba a atender a
veciños do Concello, continuando o mesmo ritmo nos días sucesivos. Este
xoves 23 chegan as Festas de San Xurxo e está por ver se o Santo Patrón
pode ca expectación xerada polo Plan.


