- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 17 Marzo 2009 17 Marzo 2009
Xa podedes baixar o PXOM dende camarinas.eu

Pois fui chegar o PXOM e todo o mundo volverse tolo. E formarse longas colas diarias diante da oficina da arquitecta municipal. E as boas xentes veña preguntar polos destinos das súas leiriñas. Ou das casas edificadas en condicións dudosas nos bos tempos do "ti fai". E rezar: que toque suelo urbano, por favor. E claro aquí en camarinas.eu aínda que sea a regañadentes tamén falamos dos temas da máis candente actualidade política e por eso decidimos poñer o Plan Xeral de Ordenación Municipal a disposición dos miles de usuarios da web no servidor máis potente da Costa da Morte para poder baixalo en tan só 20 minutos no enlace permanente que podedes ver dentro desta noticia.
O PXOM foi aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 27 de febreiro de 2009 e agora tralas publicacións de dita aprobación nun dos diarios de maior circulación de Galicia e no DOGA ábrense dous meses de exposición ao público no que se recollerán as alegacións dos veciños e os informes sectoriais das distintas administracións implicadas, os cales aparcerán no PXOM que se leve a unha aprobación provisional da que salirá o documento que presentará diante da Consellería e do que pode saír (ou non) unha aprobación definitiva. Por elo, dentro desta noticia publicamos a nota de prensa que nos envían dende o concello e que recolle as principais novedades relacionadas con tan abrasador tema.
INFORMANDO SOBRE O PXOM
O Concello de Camariñas comezou estos días a informar ós veciños
sobre a aprobación inicial do PXOM. A parte de colga-lo plan en
internet, cada día, tanto o alcalde Manuel Valeriano como a arquitecta
municipal atenden un número que oscila entre os 20 e os 30 veciños para
aclarar as dúbidas que podan xurdir, moitas delas premisas equivocadas
que son solucionadas ó momento. Ademais, o alcalde xa confirmou que
para a semana que ven empezarase a levar os plans polos distintos
núcleos do concello para acercalo máis ó cidadán.
O PXOM é a aposta máis firme que tivo o Alcalde dende que o PSOE gañou as últimas eleccións municipais. Dende ese día o traballo sobre o mesmo foi intenso, pero agora comezou a dar os seus froitos. "Tratamos de coller o máximo posible e facer un plan para que Camariñas poda crecer ordenadamente" afirmaba Manuel Valeriano, que expresou que era intención do grupo municipal poñerse a disposición dos veciños para todo o que fora necesario.
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Comentarios
RESPETO O PLAN XERAL DESIR QUE LLE TOCOU A PICHURRI..SE LLE TOCARA A BAUTISTA OU A DANIEL,OU A OUTRO CALQUERA TERIAN XENTE MAIS OU MENOS CONTENTA,E O MISMO TIPO DE PROBLEMAS..EN FIN NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA.
¡¡¡PETETE..POR FAVOR VOLVE!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.