- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 15 Febreiro 2009 15 Febreiro 2009
Os tambores electorales chegaron a Camariñas e chegaron cunha forza inusitada. Na mañán do sábado 14 de febreiro de 2009, Día de San Valentín, visitou esta antiga vila mariñeira nin máis nin menos que o mesmísimo Mariano Rajoy Brey, Secretario Xeral do Partido Popular e candidato á Presidencia do Goberno polo mesmo partido. Pasadas as 11:00 da mañán chegaba Rajoy a sede do PP na Avenida da Coruña e iniciaba un pequeno paseo que o levaba ata o mercado de Camariñas. Dado que os venres son datas de certos excesos no Café Bar Arnela por parte dalgúns membros desta redacción que pouco máis e acaban despertando na mañáns dos sábados en calqueira cuneta abandonada, tivo que ser o noso usuario Hombre Lobo o que tomara os mandos da situación e cubrira unha noticia histórica para a Vila das Palilleiras.
Acompañado de Jorge Moragas, deputado do PP no Congreso dos Diputados e membro da carreira diplomática e que ocupa dende o 2002 a Secretaría de Relacións Internacionais do Partido Popular, e de Arsenio Fernández de Mesa, ferrolán que foi Delegado do Goberno durante os anos de José María Aznar como Presidente do Goberno e que actualmente ocupa un escano no Congreso como diputado pola provincia da Coruña, pasadas as 11 da mañán chegaba á sede do PP camariñán Mariano Rajoy, dentro dunha xira que tamén incluía Muxía e Vimianzo onde posteriormente daría un mitin dentro da campaña electoral das Eleccións ao Parlamento Galego do 1 de marzo de 2009.
Esta visita deixounos cousas curiosas como a compra por Rajoy dun pequeno pañueliño de encaixe para regalarlle por San Valentín á súa dona Elvira Fernández ou ver a todo un diputado nacional como Arsenio Fernández de Mesa comprar nun tenderete da nosa destartalada plaza un pantaloíño de tela. Esta do sábado foi unha maratoniana xornada para Rajoy dado que na tarde noite dese mesmo día dou xunto ao candidato popular á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, un multitudinario mitin na Plaza de Toros da súa Pontevedra natal. Esta importante visita terá o seu complemento ca que ten previsto realizar este sábado 21 de febreiro Don Manuel Fraga a Camariñas, onde as 13:00 está previsto que durante 45 minutos se achegue ata o Club Náutico en visita privada para posteriormente ser agasallado polo PP de Camariñas cunha comida no Restaurante Villa de Oro. Camariñáns, os tambores electorales xa están aquí.
Comentarios
Lobo, de fotógrafo tamén vales, non lle saques o puesto a Diego ainda que xa sei que non o vas a faser, o teu e enmarcar cuadros que o fas muy ben, ah, as fotos están muy chulas.Bravo por Hombre Lobo.
non temos mas ,
días,vas ser o primeiro en marchar ,o teu é vivir diante do computador e do teclado ,son os únicos que che fan caso ,os demais non ,iso antes tenia un nome ,señor histórico do PP,dálle recordos ás túas amigas,
Donde se guarda el tesor más querido,
Y puedo verlo a la hora que yo quiera
Aunque tu amor ya para mí esté perdido.
No es que te amague solamente te lo advierto,
Que aunque no quieras yo te he de seguir mirando,
Pues tú bien sabes que lo nuestro fue muy cierto
Y tu retrato me lo está justificando.
Yo te he de ver y te he de ver y te he de ver
Aunque te escondas y te apartes de mi vista
Y si yo pierdo mi cartera sin querer
De nueva cuenta te mando un retratista.
Por la mañana te miro muy temprano,
Luego te guardo y te miro más al rato
Y por la noche te tiento con la mano
Aunque no sea más que el puro retrato.
Por eso mi alma te pido que comprendas
Y sin recelos me des la vida entera
Y no hay motivo para que tú te ofendas
De todos modos te traigo en mi cartera
Yo te he de ver y te he de ver y te he de ver
Aunque te escondas y te apartes de mi vista
Y si yo pierdo mi cartera sin querer
De nueva cuenta te mando un retratista.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.