3.8571428571429 1 1 1 1 1 Rating 3.86 (49 Votes)
Marisol Soneira, fiel ao seu compromiso firme con camarinas.eu, responde nesta mesma páxina ás acusacións da Plataforma Veciñal de Merexo. Coma sempre, para os aludidos que queiran responder rogamos envíen un correo electrónico á seguinte dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Finalmente quixéramos recalcar que o traballo que estamos a facer en camarinas.eu non ten recompensa económica coma a teñen os redactores de outros xornais como "La Voz de Galicia", pero iso non quere dicir que o noso traballo sexa menos respetable. Esixindo dito respeto esperamos a resposta a este artigo da deputada autonómica Marisol Soneira Tajes.

Carta aberta de Marisol Soneira


Estimados membros da Plataforma: Quixera, en primeiro lugar, manifestar a miña sorpresa porque se sintan vostedes aludidos polas miñas referencias postas por escrito nun  modesto artigo que solo recolle a miña opinión, persoal e política, sobre a acuicultura e a polémica suscitada en CAMELLE. Que alguén, a quen se cita UNHA SOLA VEZ pola súa situación xeográfica en relación co medio ambiente, se sinta aludido solo pode indicar dúas cousas: ou ben denota a soberbia de quen pensa que é o centro do universo ou ben expresa o vello aforismo latino  escusatio non petita, accusatio manifesta. Como tendo a pensar na boa intención das persoas e dos seus feitos, estou convencida de que ningunha delas é aplicable a ningún dos membros desta Plataforma se non a falta ou mala información.

O meu artigo refírese EXCLUSIVAMENTE a situación creada en Camelle nun momento determinado, e a miña posición sobre a acuicultura e a situación dos recursos pesqueiros. Quero crer que son vostedes capaces de aceptar que alguén teña opinión propia e, se cadra, distinta da súa. Pensar outra cousa non é propio de sociedades democráticas. En ningún caso expreso ningunha das opinións que vostedes me atribúen, tanto no artigo coma na reunión de Camelle. Confunden vostedes o manifestado polos membros da Mesa ese día e afirmacións que me atribúen a min foron expostas por outras persoas. Quero recordarlles que eu non teño responsabilidades no goberno municipal de Camariñas nin no da Xunta de Galicia, polo que expresaron vostedes na súa carta –nun ton e nun fondo falto de respecto e insultante- as súas fobias buscando un blanco fácil: unha política. Porque  facer insinuación e atribuír calquera clase de maldades a alguén que se dedica a política sae gratis e, para responder a un artigo nunha páxina web, utilízase o xornal de mais difusión na comarca. Solo despois de conseguir o efecto medíatico desexado, demándaselle a Camariñas.eu a publicación da mesma. Solo por pura xenerosidade pode entenderse que Camariñas.eu acepte ser prato de segunda mesa. Por certo, decataríanse vostedes que a reunión de Camelle foi proposta por min, organizada pola Oficina Parlamentaria que eu teño creada e sen que ninguén me obrigara a facelo. Onde está pois ese desexo de negar información ou de ocultarnos dos problemas?

Eu podo entender que vostedes queiran converter o seu problema concreto nun problema común a tódalas zonas seleccionadas para o Plan Acuícola porque sempre é mais crible un problema colectivo que un particular. Tamén podo entender que vostedes non queiran a piscifactoría en Merexo por calquera das razóns que expoñen o por mil mais. O que non podo entender é que para defender o seu dereito teñan vostedes que negar o dereito que temos os demais a pensar distinto e, ademais, a expresalo con malos modos e, se me permiten, cun puntiño de mala educación.

Cando digo que algunhas (moitas) persoas que hoxe se opoñen as piscifactorías portaban pancartas a favor de Touriñán sei o que digo. E non se sintan vostedes aludidos porque eu non coñezo a tódolos veciños de Merexo pero coñezo a case todos os de Camariñas... porqué se dan vostedes por aludidos en exclusiva? Algunhas das persoas que estaban na reunión de Camelle (que eu coñezo) teñen militancia política concreta e nesta guerra van da man os dun extremo e os do outro. Os que perderon as eleccións e os que, nin tan sequera, acadaron representación municipal en Camariñas.

Espero que nas súas alegacións o Plan expuxeran vostedes mellores razóns que as que utilizan contra min. Espero, tamén, que se estuden e que se resolvan o mellor posible para os seus intereses, para os da Costa da Morte e de Galicia. Este goberno que vostedes cualifican de xeito tan despectivo deu a oportunidade de presentar alegacións, outro goberno –tan lexítimo coma este- non o fixo e incluso facultaba as empresas para expropiar en beneficio propio as terras sen que ninguén ousara cuestionar unha sola coma. Defendan os seus intereses como mellor consideren, pero para iso non teñen porque utilizar métodos contrarios os ideais que din defender.

Por certo, para rematar, aleguen vostedes calquera razón para rexeitar o Plan, pero non recorran  o dano medioambiental. Saben perfectamente que este Plan pode ter moitos defectos pero é impecable dende ese punto de vista.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.