Cartel da Mostra do Encaixe de Camariñas 2014

O Concello de Camariñas presentou o cartel da vindeira edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará na Semana Santa, entre os días 16 e 20 de abril. No cartel aparece unha modelo co traxe de noiva típico da Costa da Morte do século XVIII con aplicacións de encaixe de Camariñas, do deseñador Franco Quintáns (vestido de dúas pezas de cor negro), e mantilla de cor branco. A mantilla é unha réplica da que foi regalada á raíña Victoria polo Concello de Camariñas. A mantilla e o vestido de noiva atópanse expostos no Museo do Encaixe, que pode ser visitado...

PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO 2014 (BALNEARIOS)

Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Termalismo Social do Imserso para o ano 2014 cos seguintes requisitos: Ser Pensionistas da Seguridade Social de xubilación ou de invalidez e, de viudedade ou doutras pensións sempre e cando o beneficiario teña cumpridos os 60 anos. Ser españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos. Non padecer doenzas mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa. Valerse por si mesmo para as tarefas da vida diaria. Acadar  a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas...

A Xunta salienta a capacidade emprendedora das palilleiras e a súa contribución social e económica para Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe a XVII Xuntanza Internacional de Palilleiras, que durante esta semana congrega na Coruña a profesionais do sector. Logo de glosar a importante tradición palilleira en Galicia, a responsable da Igualdade da Xunta de Galicia salientou a “relevancia social e económica” da arte de palillar na nosa comunidade e fixo fincapé na contribución deste traballo feminino ás economías familiares desde final do século XIX. “As mulleres do campo e as mulleres do mar foron o piar da economía de Galicia” subliñou López Abella, que amosou o seu agradecemento por ser invitada...

O CONCELLO DE CAMARIÑAS PARTICIPA NUN OBRADOIRO SOBRE A XUVENTUDE E A INICIATIVA EMPRENDEDORA EN SUECIA

Durante a semana pasada tivo lugar en Pitea, Suecia, unha xuntanza dos coordinadores do proxecto europeo YPAD, Xuventude e Desenvolvemento. Este proxecto desenvolveuse durante dous anos a través de encontros nos seis municipios socios: Borgotaro e Forlí en Italia, Masku en Finlandia, Pitea, Ferrol e Camariñas. Camariñas acolleu o encontro de clausura o pasado mes de maio. ...

Mercadillo de Nadal de Cáritas en favor de Filipinas

Como xa ven sendo usual nos ultimos anos, Cáritas Parroquial de Camariñas comeza coa campaña de nadal realizando un Mercadillo Navideño esta fin de semana. A gran diferenza este ano, e que o recaudado irá destinado a Axudar aos damnificados pola catástrofe do tifón en Filipinas, a través de Cáritas Española. ...