1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Nos últimos días do ano finalizáronse as obras de renovación do firme da rúa Cruceiro en Xaviña. Nesta operación tamén se ampliou un dos ramais, neste caso o norte, que conecta coa estrada autonómica AC-432. Grazas a esta agora poden pasar amplamente dous coche á vez ou un camión.

Para levar a cabo esta ampliación da vía chegouse a un acordo co propietario de unha finca adxacente. Nun primeiro tramo da mesma derrubouse un peche de formigón e executouse un novo e en outro tramo reconstruíuse un muro de mampostería nunha nova posición. Tamén había un hórreo na zona ao que se lle retirou o recheo complementario na base do orixinal.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.