- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Notas de Prensa Notas de Prensa
- Created: 13 Decembro 2021 13 Decembro 2021
Nos últimos anos o deterioro da rúa Virxe do Monte de Camariñas era cada vez máis visible. Uns meses atrás realizáronse reparacións nas inmediacións da mesma, mais até o de agora esta continuaba a presentar un mal estado. Por isto, para dar solución a esta problemática o Concello de Camariñas revelou que se a aprobación dun proxecto para reparar a calzada e as beirarrúas deste lugar.
Cun orzamento de 40.288,61 euros e financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña, os traballos que se levarán a cabo serán: a demolición dos actuais bordos e beirarrúas así como do pavimento da vía. Posteriormente aplicaranse novos bordos prefabricados de formigón, executarase a nova beirarrúa en solera e pavimentarase a calzada con un aglomerado asfáltico. Finalmente situarase na zona un paso de peóns.