- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Notas de Prensa Notas de Prensa
- Created: 19 Novembro 2021 19 Novembro 2021
O Concello de Camariñas resultou como adxudicatario de un vehículo todo terreo para uso de protección civil. Este foi concedido pola Xunta de Galiza a través de unha convocatoria de equipamentos de emerxencia parcialmente financiada polos fondos FEDER.
Deste xeito, o todo terreo será destinado a resolución de situacións de emerxencia e de protección civil o cal permitirá complementar as funcións da actual pick-up contraincendios aumentando a frota da que dispoñe a agrupación camariñá.