1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Nos últimos anos o Concello de Camariñas está a renomear diferentes espazos a partir dos seus habitantes máis senlleiros. Aconteceu co pavillón municipal que hoxe por hoxe leva o nome do xogador de balonmán Víctor Vigo, ou a sala do museo do Encaixe coa mestra de palillo Raquel Moreira.

Así, esta semana decidiuse nomear un espazo co nome de “Beti Donosti”. Trátase de unha sala permanente do futuro Museo dos Naufraxios que se construirá no actual edificio da lonxa vella.

Con isto preténdese homenaxear aos 7 tripulantes do pesqueiro camariñán “Beti Donosti” que afundiu en Almería no ano 1991: Javier Campaña, os irmáns Juan José e Roberto Pensado, Manuel Carril, Baldomero Evangelista, Manuel Suárez e Domingo Tajes.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.