1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Dende o Concello de Camariñas licítase o proxecto para a pavimentación da rúa Alto do Penedo da Ponte do Porto. Os traballos inclúen o roce da e a limpeza das marxes da vía, a demolición do pavimento existente en varios dos seus tramos e, por último, a execución de un novo firme de aglomerado asfáltico e lastro rústico de pedra granítica.

O proxecto está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña cun presuposto total de 125.000 euros e o prazo para presentar ofertas estenderase até o 21 de Xuño.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.