5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Onte, venres 28 de Maio, aprobouse en Xunta de Goberno Local do Concello de Camariñas a concesión da licencia para a construción do primeiro albergue turístico do municipio. Este situarase na zona da Area da Vila e terá como nome “Devalar do Mar”.

A proposta presentada polo arquitecto Maximino Manuel Aguiar Baña conforma un proxecto cun espazo composto por 15 habitacións cunha capacidade máxima de 46 prazas. Estas distribúense en 11 habitacións dobres e 4 múltiples.

Por outra banda, tamén se concedeu unha licencia similar, neste caso unha proposta realizada polos arquitectos Diego Freire e Soledad Pérez Méndez para transformar unha vivenda da rúa Ramón Noguera nunha casa de hospedaxe baixo o nome “O mar de preciosa”.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destacou a importancia de que “continúe aumentando a oferta de aloxamentos turísticos no municipio para responder á afluencia de visitantes que se prevé no verán xa que, ao igual que o pasado ano, Camariñas destácase como un destino seguro apostando polo turismo ao aire libre aproveitando as nosas rutas de sendeirismo e as fermosas paisaxes que ofrece o territorio”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.