1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os traballos de  reurbanización da rúa Ínsua na parroquia da Ponte do Porto están a piques de rematar. Esta obra incluíu a demolición do antigo firme, a substitución e ampliación da rede de saneamento, a instalación de unha rede paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais e, finalmente, a aplicación un novo pavimento de formigón armado cun acabado pulido e, no tramo final, a extensión de unha capa de zahorra artificial.

A actuación está valorada en 41.720,57 euros e serviu para pavimentar a vía e dotar de máis servizos a veciñanza. Para o seu remate so restan executar os últimos detalles: adecuación de tapas, arquetas, etc.

 

RuaInsua_2.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.