- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Notas de Prensa Notas de Prensa
- Created: 30 Abril 2021 30 Abril 2021
A zona de Portocelo da vila de Camariñas albergaba antigamente un lavadoiro onde a xente do Campo ía lavala súa roupa. Porén, nos últimos tempos caeu no desuso e con el no descoidado xeral que permitiu a vexetación crecer até o punto de ocultar practicamente todo o lugar.
Porén, nos últimos meses o Concello de Camariñas levou a cabo diversos traballos de acondicionamento desta zona situada na ruta do Camiño dos Faros. Entre eles están o da roza da vexetación presente, a instalación de un pequeno estanque no lugar onde se atopaba o antigo lavadoiro, así como uns bancos e unha mesa.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destaca “a boa acollida que está a ter entre a veciñanza xa que é un lugar privilexiado”. Pola súa parte, a concelleira de Turismo, Encarna Liñeiro, explicou que neste punto “non se vía o río desde hai moito tempo ao estar cuberto pola maleza” e ademais aproveitou para anunciar que “queremos crear recunchos con encanto similares a este por todo o municipio”.