1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Unha cuestión recorrente no Concello de Camariñas é a vía de 12 quilómetros que conecta o cabo Vilán coa vila de Santa Mariñas. Esta ten un firme de zahorra que se ve afectado frecuentemente polo paso dos temporais xa que producen nel frecuentes fochas que dificultan o seu uso. A este problema tentóuselle por solución de diversas formas ao longo dos últimos anos, mais os resultados non foron satisfactorios posto que o material segue a deformarse.

Por iso, hoxe, luns 26 de Abril, a alcaldesa, Sandra Ínsua, e o tenente alcalde, Sergio Caamaño, presentaron ante a Consellería de Medio Ambiente un proxecto que pretende cambiar os materiais utilizados para este firme. De levarse a cabo, a zahorra veríase substituída por un material denominado “cemento-suelo” máis resistente aínda que tamén respectuoso co medio ambiente. Este material xa foi utilizado anteriormente no municipio, concretamente no tramo inicial da senda situada na contorna da praia de Lingunde.

Esta proposta trasladouse a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, a quen se lle expuxo o proxecto e solicitou as autorizacións necesarias para levalo a cabo posto que a zona de Reira está dentro da Rede Natura. Pola súa parte, ela comprometeuse a trasladalo aos técnicos e á propia conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para que avalíen a idoneidade da acción proposta e, posteriormente, estudar a formalización dun convenio entre as dúas administracións que permita financiala.

Á saída da reunión a alcaldesa de Camariñas explicou que “é urxente atopar unha solución definitiva para a pista de Reira xa que é unha vía de moita afluencia, tanto por parte de turistas como de veciños e veciñas, que se levanta con cada temporal e ocasiona importantes gastos ao Concello ano tras ano”.

Pola súa parte Sergio Caamaño destacou que “o sistema actual de zahorra está demostrado que non é o máis adecuado para a zona xa que, continuamente, as augas e os temporais levan a zahorra cara o mar” e subliñou que “por iso o sistema de suelo-cemento, respectuoso co medio ambiente e de maior durabilidade, nos parece a solución idónea”.

ProxectoReiraMedioAmbiente.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.