- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Notas de Prensa Notas de Prensa
- Created: 25 Marzo 2021 25 Marzo 2021
Onte, 24 de Marzo abriuse o prazo para presentar as solicitudes de ingreso na escola infantil de Camariñas. Este rematará o 12 de Abril, día no que tamén se poderán presentar ditas solicitudes.
As solicitudes poden recollerse na dirección da escola infantil “Galiña Azul” de Camariñas en horario de 8:30 a 10:30, sendo aconsellable pedir cita previa 981 736 104 ou 665 134 012. De todos modos, é preferible realizar os trámites a través da Sede Electrónica da Xunta de Galiza por mor da situación sanitaria actual.
As persoas solicitantes poden atopar toda a información relativa a estas xestións no apartado de “anuncios” da páxina web: www.igualdadebenestar.org así como no portal de Política Social: sede.xunta.gal, politicasocial.xunta.gal.