1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Hoxe, martes 23 de Marzo, os operarios do Concello de Camariñas comezaron a instalación dos novos asadores na área recreativa do Ariño. Estes contarán cun tellado e estarán cubertos a tres ventos, terán cheminea, unha billa para permitir o apagado das brasas e unha zona inferior para o depósito das cinzas. Ademais, incorporan un sistema de peche para poder clausuralas cando o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) sexa extremo.

O novo deseño dos asadores xunto coas súas melloras está avalado pola Consellería de Medio Rural, permitindo o seu uso durante a época de risco alto de incendios. Isto débese a que o proxecto presentado polo goberno local, e que se está a por en marcha nestes días, conta coa garantía de seguridade e procedemento técnico necesarios.

O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, destaca que ‘había unha demanda por parte da veciñanza para poder empregar esta área recreativa durante a tempada estival, e desenvolvemos un plan para facelo efectivo de xeito seguro” pero á súa vez lembra que “poderanse utilizar sempre e cando o índice de risco de incendio forestal non sexa extremo”.

AsadoresAriño_2.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.