1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Hoxe, xoves 18 de Febreiro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a resolución definitiva , tras o período de alegacións, do plan de PEL-Reactiva dirixido a autónomos e microempresas que padeceron as consecuencias da declaración do estado de alarma o ano pasado.

 

Beneficiárense desta axuda un total de 56 empresas do municipio que recibirán entre 1.500 e 3.000 segundo a puntuación que se lles concedeu. Deste xeito repartiranse un total de 102.500 entres estes beneficiarios que deberán xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de Marzo. Posteriormente a esta data procederase á resolución final e ao abono do importe da cantidade concedida.

Os gastos subvencionables son a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros de abastecementos (auga, luz, electricidade, combustible...), adquisición de pantallas, arrendamento de locais, vehículos e maquinaria... realizados dende o 1 de Marzo até o 31 de Decembro do 2020 con facturas e comprobantes de pago.

Un último requisito para poder xustificar esta axuda é o de estar de alta até o 31 de Marzo deste 2021, por conta propia ou no réxime especial de traballadores autónomos, ou ter rexistrada unha empresa mantendo a forma xurídica anterior ao estado de alarma.

O procedemento de xustificación destas axudas está publicado na web municipal www.camarinas.net xunto coa concesión definitiva das axudas. Para máis información pode chamarse ao teléfono da Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: 981 736 000.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.