1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Nos últimos días a preocupación polas obras programadas na ponte da Ponte do Porto foi en aumento polas dificultades que presentaban para o transporte escolar. Os autobuses que recollen aos rapaces e rapazas de Carnés, Tufións, Cereixo e a zona baixa da Ponte do Porto utilizaban este camiño  para realizar o seu traballo. Co pechamento do tráfico as 7:30 da mañá isto resultaría imposible, trastornando os seus horarios.

 

Por iso, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a de Vimianzo, Mónica Rodríguez intercederon coa empresa concesionaria para modificar o horario das obras do Venres 19. O seu inicio postergase as 9:30 da mañá permitindo o paso dos vehículos escolares. A ponte permanecerá pechada  ao tráfico até o vindeiro 21 de Febreiro as 21 horas, período no que se levarán a cabo as obras de mantemento do empedrado central da infraestrutura a mans da Deputación da Coruña.

Hoxe tamén se reuniron as dúas rexedoras no concello de Vimianzo coa policía local para regular o dispositivo de tráfico que se habilitará a partir do venres. Este encargarase de marcar os desvíos e de regular o tráfico de vehículos. A ponte permanecerá aberta ao tránsito peonil.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.