- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Notas de Prensa Notas de Prensa
- Created: 20 Setembro 2014 20 Setembro 2014
Como última sesión presencial das actividades formativas incluídas no marco do “Plan de dinamización do Sitio de Interese Nacional cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”, realizarase unha master class e showcooking a cargo do cociñeiro Adrián Felípez, da empresa Gastroconsulting. Felípez, cociñeiro de vangarda que dirixe a súa propia consultora de gastronomía na que asesora, imparte formación e innova en proxectos culinarios e na restauración, entre outras actividades relacionadas co mundo gastronómico e os fogóns. Formou parte do equipo del El Celler de Can Roca, o segundo mellor restaurante do mundo co que conseguiu tres Estrelas Michelín e tamén do equipo do restaurante Bo.Tic de Girona, galardoado cunha Estrela Michelín. A master class realizarase o martes 23 de setembro en horario de 17.00 a 19.00h e incluirá un showcooking e unha charla formativa con Adrián Felípez. Os pratos que se prepararán son:
- Sardiña marinada cos últimos amorodos da tempada e “palomitas” de trigo
- Pinto e fabas con culler
- Mexilón en lata 1-2-3.
