1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A última lectura realizada por este club foi “Costa do Solpor” e hoxe tivemos a honra de ser o primeiro Club de Lectura que conta coa presencia do autor, que tamén se estrenaba neste tipo de encontros cos seus lectores. Un encontro que resultou moi agradable e proveitoso, contando ademáis coa vantaxe de que os lugares nos que transcurre a aventura son perfectamente coñecidos, e recoñecidos na novela, por todos nós.

Nunha charla moi distendida o autor revelounos segredos da procedencia de datos, nomes e escenarios da novela, deixándonos ver con claridade o contexto histórico no que esta se desenvolve, así como as licencias xeográficas que se permitiu para axeitar o terreo ás necesidades narrativas, se ben poidemos “percorrer” moitos deles tal como son: Laxe, Camariñas, A Ponte, Muxía... e tamén os pequenos cabos, praias e enseadas.

Como tantas veces o club de lectura vai máis alá do libro impreso, permitíndonos neste caso, ademáis do intercambio co autor, darlle valor ao noso, ao que temos na porta da casa e que tantas veces deixamos de lado. Algo que temos que agradecerlle a Xosé Mª Lema que sempre defendeu o de aquí e sempre se interesou pola posta en valor da nosa cultura e o noso patrimonio, como ten demostrado en moitos ensaios e artigos ao longo do tempo.

Fonte: http://pedradaaguia.blogspot.com.es/2014/01/costa-do-solpor-ultima-lectura.html

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.