- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Notas de Prensa Notas de Prensa
- Created: 22 Novembro 2013 22 Novembro 2013
Como xa ven sendo usual nos ultimos anos, Cáritas Parroquial de Camariñas comeza coa campaña de nadal realizando un Mercadillo Navideño esta fin de semana. A gran diferenza este ano, e que o recaudado irá destinado a Axudar aos damnificados pola catástrofe do tifón en Filipinas, a través de Cáritas Española.
Duas grandes novedades máis temos este ano. A primeira, é a sua ubicación, grazas a colaboración dunha veciña que nos presta amablemente un baixo comercial, o mercadillo este ano estará situado na zoa centro do pobo, concretamente na Praza do Mercado (no local onde estaba a Xoiería do Encaixe) desta maneira ademáis de ser moito máis visible, permítenos telo aberto máis horas ao día.
O horario será de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:30 h. a 20:30 h. o sábado 23 e o domingo 24. En dito mercadillo poderán encontrar Artesanía, agasallos, xoguetes, libros, material escolar, adornos navideños... todo a prezos moi moi baixos.
A outra gran novedad, e que este ano tamén celebraremos mercadillos navideños nalgunha parroquia máis do concello, por exemplo en Ponte do Porto, e quizás nalgunha máis. Xa vos iremos informando.
Déborah Morate
Directora Cáritas Camariñas