O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

Dende o Concello de Camariñas estase a estudar un convenio de colaboración con Correos para ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos das tendas adheridas ao “Mercamariñas”. ...

Comezan as titorías do MerCamariñas

Esta semana comezaron as titorías presenciais nas tendas adheridas ao “MerCamariñas”, proxecto que xorde dende o Concello de Camariñas para axudar ao comercio local a adaptarse a venta online mediante unha central no dominio web www.mercamarinas.com. ...

Propostas do pleno deste Venres 26 de Marzo

Neste vindeiro venres 26 de Marzo o Concello de Camariñas celebrará un pleno cuxas propostas se centran principalmente na hostalaría e postos ambulantes. Por un lado, coa proposta de derrogación das taxas que teñen que pagar os hostaleiros polas súas terrazas que ocupen terreo público (a cal xa está suspendida dende Maio do 2020) e por outro a referida a de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas tamén en terreo público. O obxectivo en ambos casos é o de mitigar o impacto que está a supoñer a crise sanitaria orixinada pola COVID-19 e á súa vez fomentar...

O proxecto “Mercamariñas” xa conta cos seus primeiros participantes.

A plataforma “Mercamariñas” do Concello de Camariñas pretende adaptar aos comerciantes locais ao mundo da compra/venda a través de internet. Funcionará a xeito de centro comercial virtual a través do dominio www.mercamarinas.com onde se poderán atopar todos os establecementos do municipio que participen na iniciativa. ...

Posta en marcha do proxecto MerCamariñas

“A vida cambiou moitísimo nos últimos anos”. Quen non escoitou esta frase algunha vez na súa vida? Normalmente tende a vir de alguén maior a un mesmo, ou un dilla a alguén máis novo. Case chega a punto de establecerse como un tópico deses que perden un pouco o seu significado. Mais, se somos sinceros, nos últimos tempos si podemos asegurar sen temor a dubidas que as cousas cambiaron moito e moi rápido. E é que as tecnoloxías impactaron nas nosas vidas e transformáronas por completo case sen darnos conta. Un exemplo é o modo no que chegastes a este...