CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN CAMARIÑAS. O teu sangue é vida. Compártea.

O venres 4 de outubro a unidade móbil de doazón de sangue estará en Camariñas. Situarase fronte ao edificio da Seguridade Social no acceso á lonxa coma sempre e abrirá pola tarde de 16:30 ás 21:00.  O venres 4 de outubro 500 persoas dependen de ti. Dende o Concello de Camariñas instamos a tódolos veciños a colaborar nesta causa. O teu sangue é vida. Compártea. Moitas grazas. ...

ANUNCIO URXENTE SOBRE A PRE-SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRA DE SONEIRA 2013-2014”

Hoxe, 18 de setembro de 2013, a Oficina de Emprego de Cee publicou as bases e o baremo provisionais para a pre-selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego “Terra de Soneira 2013-2014” e o listado provisional dos pre-candidatos dos tres concellos. As persoas pre-seleccionadas terán que presentar a documentación canto antes e as entrevistas comezan o venres. ...

CURSOS DE INFORMÁTICA EN CAMARIÑAS ATA DECEMBRO DE 2013

Durante os meses de setembro a decembro o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT organizarán varios cursos de informática no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde). O primeiro curso será de iniciación a informática e empezará o 18 de setembro. Os cursos teñen unha duración media de tres días cada un e o horario é de 17:00 a 19:00. ...

SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (ANIMADOR/A) NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

O Concello de Camariñas publicou hoxe no BOP a convocatoria e bases que rexerán o procedemento de selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso, dun/ dunha animador/a cultural.  ...

A Deputación da Coruña impulsa e patrocina o primeiro torneo de xadrez para grandes mestres que se celebra en Galicia

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá na sede do organismo provincial o Torneo Internacional de Xadrez “Entre Faros”, que se celebrará do 5 ao 14 de outubro entre Fisterra, Camariñas e Muxía. Na presentación, Calvo estivo acompañado polo presidente do Clube de Xadrez Cabo Touriñán, Santiago Pérez Haz, organizador do evento e os alcaldes de Fisterra, José Manuel Traba; Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León; e o de Muxía, Félix Porto Serantes. ...