3 1 1 1 1 1 Rating 3.00 (4 Votes)
Desde a axencia de Desenvolvemento Local chéganos unha nota de prensasobre un curso de innovación  que será impartido para pequenas empresas e autónomos.

OBRADOIRO ATREVETE A INNOVAR. CAMARIÑAS 16 DE DECEMBRO

Cartel informativo do curso organizado pola Dirección Xeral de Investigación
Cartel informativo do curso organizado pola Dirección Xeral de Investigación
 

O Obradoiro Atrevete a Innovar ten como obxectivo achegar ás microempresas e persoas emprendedoras recuros e ferramentas para afrontar procesos de mellora de competitividade e productividade das empresas novidosos.

Este Obradoiro é gratuíto e eminentemente práctico e está promovido pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria. A axencia de desenvolvemento local do Concello de Camariñas colabora na organización e desenvolvemento deste seminario que impartirá profesionais da empresa Proxectos Consultoría e Información. Este Obradoiro desenvolverase o dia 16 de decembro de 2008, dende as 16:00 horas no Centro de Iniciativa de Camariñas. É necesario que as persoas interesadas faigan a súa inscrición previa na Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas. Para máis información podese chama ao 981737004 ou acudir á web municipal www.camarinas.net.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.