- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 17 Novembro 2008 17 Novembro 2008
Novos proxectos para a igualdade en Camariñas

O concello de Camariñas a través da concellería de servizos sociais , igualdade e saúde vai levar a cabo na ultima quincena do mes de novembro vai celebrar distintos actos a favor da IGUALDADE. Igualdade com maiúsculas por tratarse de:
Obradoiro para a tolerancia os días 17,19 e 21 de novembro con alumnado de 2º da ESO.
Estes obradoiros levaranse acabo no IES “ Pedra da Aguia” de Ponte do Porto e están subvencionados por:
- Secretaria de Estado de inmigración y emigración do ministerio de traballo e inmigración
- Secretaria xeral de emigración da Presidencia da Xunta de Galicia.
- Secretaria xeral da Igualdade da vicepresidencia da Igualdade e do benestar
- Concello de Camariñas
Coa desculpa de celebrar o día internacional a favor das persoas con minusvalias en colaboración coas asociacións ASPADEX de Ceé e A Escada de A Coruña vamos a levar a cabo as seguintes actividades:
24 de Novembro obradoiros de integración nos ceip de Camariñas e Ponte do Porto . Donde os rapaces de ASPADEX nos van mostrar como traballan e ensinarannos e encadernar e enmarcar distintos obxectos.
26 de novembro participaran os alumnos desta asociación e distintas actividades cós alumnos de 3º da ESO, deportivas, informativas e demostración de traballos.
28 de novembro xunto co alumnado da Escola Obradoiro “Aldea Madeira “ , Asociación A Escada de A Coruña e asociacións ASPADEX de Ceé vamos a ter un día de convivencia donde vamos a traballar no xardín , na cociña, no comedor e con diversos xogos . Vamos acabar cunha comida comunitaria entre todos.
Mª Carmen Linares Chica
Concelleira de servizos sociais
Igualdade e saude.
