2.8 1 1 1 1 1 Rating 2.80 (10 Votes)

Nova actividade dos Servizos Sociais do Concello dirixida aos nenos das escolas de Camariñas, Ponte do Porto e Camelle.

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas
 

O Departamento de Servicios Sociais, Igualdade e Saúde do concello de Camariñas, dentro do seu programa “Educación Cívica Multicultural”, organiza un obradoiro da Contacontos  para rapaces do concello. Ésta actividade levarase a cabo nos colexios  de Ponte do Porto  e Camelle  en horario escolar o próximo martes 4  e xoves 6 de Novembro  respectivamente,   no que participarán rapaces do ciclo infantil.

Os próximos días 10,11,13,14  do mesmo mes estarán  dirixidas ós nenos os de primeiro e segundo ciclo de primaria e terán lugar nos colexios de Camariñas Ponte do porto e Camelle.

Con estes contos preténdese fomentar  nos mais pequenos a tolerancia cara os que son diferentes e axudarlles a descubrir os valores sociais e para a convivencia desenrrolando actitudes acordes cos mesmos. Esta actividade  favorece o mesmo tempo o crecemento persoal, o desenrrolo emocional e a autonomía dos rapaces.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.