- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 29 Outubro 2008 29 Outubro 2008
O Dinamizador do Concello de Camariñas Óscar Clapés mándanos unha nota na que nos confirma a realización dun curso de base de datos.
Curso de Bases de Datos

O Concello de Camariñas en colaboración coa Rede de Dinamización e Mancomún abre a inscrición para o curso de base de datos, de 38 horas de duración que se desenvolverá desde o luns 24 de novembro ata o xoves 18 de decembro na aula de informática da Rede de Dinamización de Camariñas, no 1º Andar do Centro de Iniciativas Empresariais co seguinte horario: De luns a venres de 20:00 a 22:00. Con esta actividade preténdese dotar ao alumnado asistente dos coñecementos necesarios para a realización dunha aplicación de base de datos para o manexo dunha empresa, incluíndo os formularios e informes necesarios para documentar o traballo que se realiza.
Na páxina da Rede de Dinamización da SI (http://www.rededinamizacion.eu) pódese consultar toda a información relativa a esta actividade formativa (datas, horarios, lugar e contidos), sendo posíbel realizar a inscrición en liña desde o banner que se atopa na páxina principal (Cursos de Formación). Para inscribirse ao obradoiro é necesario ter uns coñecementos de informática a nivel usuario.
Para máis información para este curso ou outros cursos e obradoiros, dirixirse ao Centro de Iniciativas Empresariais, primeiro andar, aula de informática da Rede de Dinamización ou ben chamar ao teléfono 981 73 65 06 .
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu