- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 01 Outubro 2008 01 Outubro 2008
I MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS “IMPLÍCATE”

9 de novembro de 2008
A Área de Igualdade do Concello de Camariñas ten o pracer de informarlle doutra das actividades que se realizará no noso concello no contexto do programa de intervención e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero “ Hai outro Lado”, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
O Maratón fotográfico terá lugar o día 9 de novembro dende as 11:00 ata as 20:00h. O prazo de inscrición comeza hoxe día 1 ata o día 31 de outubro. A inscrición pode facerse persoalmente na casa de pedra (área de Igualdade), por correo electrónico, por Fax, ou por correo certificado.Haberá dúas categorías analóxica e/ou dixital. Unha mesma persoa poderá participar nas dúas categorías, pero non ser beneficiaria de máis dun premio.
O primeiro premio a mellor serie fotográfica será de 1.000€ , o segundo de 400€ e haberá un premio especial a mellor fotografía sobre violencia de xénero feita por un home, que consistirá nun fin de semana de estancia nun hotel rústico de Camariñas. As persoas participantes deberán fotografar catro temas, dous por grupo temático. Os grupos temáticos serán a violencia de xénero e a igualdade de oportunidades. Os temas concretos serán facilitados pola organización o mesmo día da maratón en cadanseu control. Todas as fotografías deberán realizarse dentro dos límites do concello de Camariñas.
As bases e a ficha de inscrición da maratón de fotografía “Implícate” do Concello de Camariñas están colgadas na páxina web do concello www.camarinas.net . Para calquera dúbida ou consulta chamar ao teléfono 981 737004 preguntando pola técnica de igualdade.Dende a Área de Igualdade do concello de Camariñas pensamos que é moi importante o traballo de prevención e sensibilización en contra da violencia de xénero. Esperamos que a xente se anime a participar e se implique. Como dicía Mahatma Gandhi. Político e pensador indio. “ O mais atroz das cousas da xente mala é o silencio da xente boa”.
Un saúdo