- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 30 Setembro 2008 30 Setembro 2008
Nota de prensa da Concelleira por Camelle Mercedes Martín na que nos informa das novas instalacións de telefonía móbil levadas a cabo no Concello.

Concello de Camariñas
Poño no voso coñecemento as melloras acaecidas durante esta semana no noso Concello.
Empezou a funcionar unha antena de
telefonía móvil, sita en Brañas Verdes, que dará cobertura a Brañas
Verdes e Santa Mariña, localidades ata o de agora sin comunicación de
telefonía móvil. A antena instalouse en colaboración con un plan do
Ministerio de Fomento, e somentes a obra civil, acadou mais de 30.000
euros, costeados na sua totalidade por Telefónica Móviles. Gracias a
esta obra practicamente a totalidade do Concello, ten agora cobertura
de telefonía móvil, e ademais, deixarán de saturarse as outras antenas
xa existentes coma sucedía a principios do verán que quedou o Concello
incomunicado en numerosas ocasións.
Asimismo, cabe resaltar a labor de
desbroce e limpeza do río de Camelle, que se realizou a través da
Consellería de Medio Ambiente, quen a sua vez contratou a TRAGSA, para
a sua realización e que non somentes limparon o río senon tamben os
marxenes, co que quedou o descuberto un antigo camino que facía tempo
xa non se usaba e que chega ata Camelle de arriba. Un fermoso paseo no
que se poden ver ata vellos muiños. Invitamos dende o Concello a
admirar a labor feita.
Para calquera información o respeto, o meu teléfono é 677 433 456