- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 08 Agosto 2008 08 Agosto 2008
CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE CAMARIÑAS
O persoal da Área de Igualdade do concello de Camariñas tivo onte unha reunión con mulleres camariñanas implicadas no traballo pola igualdade de oportunidades e polos dereitos das mulleres, para a futura creación do Consello Municipal da Muller. O tratado nesta terceira xuntanza xirou en torno a decidir a redacción definitiva dos estatutos do consello para a súa aprobación no pleno municipal e posterior constitución.
O Consello Municipal da Muller ten natureza xurídica dun órgano consultivo do pleno do concello no referente as políticas de xénero en todas as súas actuacións como administración.
A súa finalidade é colaborar co concello para orientar, propor, executar e avaliar a citada política na realidade local de Camariñas e axudar para a adopción das medidas que poidan servir para o seu desenvolvemento e a súa promoción.
O consello municipal da muller de Camariñas será un órgano democrático de participación cidadá. A participación das mulleres convértese, por tanto, nun instrumento de gran importancia a hora de desenvolver estratexias e buscar respostas a toda a problemática que engloba a súa diversa realidade, facilitando que estas poidan aportar a súa propia experiencia, capacidade e perspectiva. De esta maneira, faise imprescindible a creación dun órgano que articule dicha participación.
