1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Hoxe, 28 de Xuño, é o día do orgullo dos colectivos LGTBI+ (Lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais...) e para celebralo o Concello de Camariñas estrea tres entrevistas para axudar a comprensión das realidades que viven estas persoas así como para entender mellor que se reivindica nunha data como está.

Realizadas pola nova axente de igualdade do municipio, Begoña Tajes Méndez, as conversas están na páxina web do concello, www.camarinas.net, e na súa canle de youtube. Nelas podemos presenciar as exposicións de tres mulleres a responder as dubidas máis comúns, falar de experiencias propias e alleas, estereotipos e prexuízos así como a expoñer a actualidade do colectivo LGBTI+.

 As mulleres entrevistadas son: Patricia Freire, graduada en Educación Social e especializada en xénero e igualdade, actualmente colaboradora como voluntaria na asociación ALAS da Coruña; Ana García Fernández, presidenta de ALAS Coruña e activista non binaria polos dereitos do colectivo LGTB con especial atención aos dereitos do colectivo trans; Sara Romero, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres e unha das propulsoras da Lei Trans galega do 2017.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.