1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Hoxe, día 10 de Xuño, ábrese o prazo para inscribirse nas actividades de verán que se ofertan dende o Concello de Camariñas que, por mor da situación sanitaria, este ano terán prazas limitadas e realizaranse por quendas.

As actividades dividiranse en dous grupos: as acuáticas e os obradoiros de tempo libre. As primeiras terán un aforo máximo de 24 persoas por quenda e as segunda de 80. Deste xeito, os interesados poderán inscribirse nelas mediante o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., de xeito presencial no rexistro ou ben enchendo os formularios https://forms.gle/bBaRXb2YbT4RZNHw9 para as acuáticas e https://forms.gle/x75e4CRSW6iCgo1q8 para os obradoiros.

Así, as quedas distribuiranse do seguinte xeito: a primeira delas terá lugar dende o 5 ao 19 de Xullo, a segunda do 20 de Xullo ao 2 de Agosto, a terceira do 3 ao 16 de Agosto e por último a cuarta do 17 ao 30 de Agosto. En todas elas o horario será dende as 10 até as 13:30 horas e na tramitación terase que especificar a que quenda se quere optar. No caso de alcanzar o aforo límite a orde de preferencia será do seguinte xeito: empadroados no Concello de Camariñas, non empadroados que cursen nos colexios do Concello e finalmente o resto de persoas interesadas.

O prazo de inscrición estenderase até o vindeiro mércores 16 de Xuño.

 

Folleto_page-0001.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.