1 1 1 1 1 1 Rating 1.00 (1 Vote)

Esta pasada fin de semana o goberno local do Concello de Camariñas mantivo unha reunión coas autoridades portuarias responsables da vía que comunica a vila de Camariñas co seu faro. Nela o responsable do proxecto, Martín Fernández Prado, transmitiu a súa firme intención de acelerar o proceso de redacción do plan de acción asegurando que so faltan os últimos detalles para rematalo. Unha vez finalizado presentarase para a súa licitación e iniciar canto antes as obras.

Ademais, no encontro confirmouse a intención de ambas partes de que, cando rematen os traballos, se firme un convenio de cesión polo que o Concello asumirá a titularidade da vía.

A alcaldesa, Sandra Insua, agradeceu o “bo recibimento que nos deu o novo presidente” e expresou o seu desexo de que “se acelere o proceso para poder ter canto antes nas mellores condicións o acceso ao Faro, que é un símbolo de Camariñas e sempre atrae a un número elevado de turistas”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.