- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 06 Abril 2021 06 Abril 2021
O pasado 10 de Marzo iniciouse no Concello de Camariñas a nova campaña de trampeo para loitar contra a avespa velutina. Polo momento, os operarios encargados levan capturadas un total de 879 raíñas desta especie.
O concello está adherido ao convenio entre a xunta de Galiza e a FEGAMP para loitar contra esta especie invasora. Porén este so contempla a retirada de niños e non inclúe a colocación de trampas, operación crucial para reducir a formación de futuros niños e, polo tanto, imprescindible para a redución radical do problema.
As trampas, de índole caseira, consisten nunha mestura de alcohois con substancias doces, como o vermú, viño branco, zume de arando, e diversas variedades de alcol branco, como poden ser a xenebra ou o ron que están a ter unha grande efectividade. Este tipo de elementos colócanse nas árbores con flor, onde a velutina se achega para recoller pole, especialmente nas árbores con camelia, un dos favoritos desta especie.