- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 19 Febreiro 2008 19 Febreiro 2008
Os cursos de informática para maiores: un éxito

Os cursos están sempre moi animados
Óscar Fernández Clapés, técnico dinamizador no Concello de Camariñas pertencente a Rede de Dinamización da Sociedade da Información fíxonos chegar a camarinas.eu unha nota de prensa anuinciando diversos cursos especiais para persoas maiores. Camarinas.eu, sempre presente en todas as iniciativas de caracter social e cultural innovadoras non podía limitarse a publicar só esta nota se non que preparou o seu destartalado equipo e pasou unha tarde no curso de "Primeiros pasos informáticos para maiores", curso que co-organiza a Concellalía de Servizos Sociais.
Pulsa na foto para ver un video, unhas fotos do curso e a nota de prensa completa.
A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
O Concello de Camariñas , Concellería de Servizos Sociais en colaboración co técnico dinamizador da Sociedade da información , Óscar Clapés , ten previsto comezar un obradoiro de primeiros pasos informáticos para maiores , de 16 horas de duración, que se desenvolverá no Centro de Iniciativas Empresariais (Ao carón do centro de saúde de Camariñas) desde o día 7 até o día 19 de Febreiro co seguinte horario : Luns , Martes , Xoves e Venres de 18:00 a 20:00 .
Con esta actividade preténdese motivar á xente maior de 60 anos no uso da informática e máis concretamente da internet , tentando que descubran un mundo virtual cheo de oportunidades de comunicación , de información e , sobretodo un mundo no que eles sexan protagonistas .
Para máis información sobre este e outros obradoiros pódense achegar ao 1º Andar do Centro de iniciativas Empresariais no seguinte horario : Luns , Mércores e Venres de 11:00 a15:00 e de Luns a Venres de 16:00 a 21:00 . Teléfono 981 73 65 06
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.