- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 13 Febreiro 2014 13 Febreiro 2014
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de convocar cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. O concello quere solicitar os ditos cursos polo que abrimos prazo de inscrición para que as persoas interesadas vos anotedes. Os cursos terán carácter gratuíto e 70 horas de duración.
A realización dos cursos estará condicionada á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso necesario para a súa impartición e a que se manteña un mínimo de 20 persoas inscritas. Os cursos terían lugar nos meses de abril e maio.
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.
Prazo de inscrición: ata o 21 de febreiro ás 13:00 horas
Máis información e inscricións:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00