- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 21 Decembro 2013 21 Decembro 2013
O Concello de Camariñas presentou o cartel da vindeira edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará na Semana Santa, entre os días 16 e 20 de abril. No cartel aparece unha modelo co traxe de noiva típico da Costa da Morte do século XVIII con aplicacións de encaixe de Camariñas, do deseñador Franco Quintáns (vestido de dúas pezas de cor negro), e mantilla de cor branco. A mantilla é unha réplica da que foi regalada á raíña Victoria polo Concello de Camariñas. A mantilla e o vestido de noiva atópanse expostos no Museo do Encaixe, que pode ser visitado polas persoas que o desexen.
A fotografía foi realizada o pasado verán no convento de Herbón, no municipio de Padrón, polo fotógrafo Máximo Arroyo e a modelo é galega, Anahís, da cidade de Vigo. Foi seleccionada para representar o cartel da vindeira edición, a XXIV da Mostra do Encaixe de Camariñas. No fondo do cartel figura o logo da marca de Encaixe de Camariñas, producto de calidade, tal como figura no mesmo cartel.
A concelleira responsable da Mostra do Encaixe, Sandra Ínsua, destacou a calidade do cartel que anuncia a vindeira edición do certamen, na que o Concello está a traballar para ultimar todos os detalles. Tamén suliñou que a elaboración deste cartel foi totalmente gratuita para as arcas municipais, xa que foi feito entre persoal do Concello e outros colaboradores habituais da Mostra do Encaixe coma o prestixioso deseñador Franco Quintáns.
Comentarios
El de la feria del año pasado era realmente bonito, como puede existir esas diferencias de diseño??´
Y el color?? no habia otro mas triste??
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.