O Concello de Camariñas formulará a partir do día 22/10/2013 dúas ofertas xenéricas de emprego ante a Oficina Pública de Emprego de Cee, unha mediante o código 96011029 “Peón de obras públicas en xeral” e outra mediante o código 95431028 “Peón forestal”. As persoas interesadas que non teñan xa estes códigos terán que ir a Cee apuntarse. Son catro prazas de peóns (2 peóns forestais e 2 peóns de obras) estan subvencionados pola Conselleria de Traballo e Benestar dentro do Programa Cooperación. A Oficina Pública de Emprego remitirá unha pre-selección de candidatos que o Concello de Camariñas fará pública mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, e a efectos únicamente informativos na web municipal www.camarinas.net. As persoas interesadas incluídas na lista enviada por Cee disporán de 3 días hábiles para presentar a documentación indicada nas bases.
+1#RE: SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (PEÓNS) PARA CAMARIÑAS —
Diego Calderon19/10/2013 13:09
Parece que en nuestro ayuntamiento no hay paro y nadie le de importancia a esta buena noticia ,mi enrobanuena a quienes consigan el trabajo ,lo m,alo es que no llegue paratodos ,pero siempre es una buena noticia
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.