- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 25 Xaneiro 2013 25 Xaneiro 2013
Delia Outes Rey, técnica de Medio ambiente do Concello de Camariñas, vai impartir a última da serie de charlas dirixidas tanto ao alumnado do IES Pedra da Aguia como ao persoal municipal. Ás 11 horas do vindeiro martes 29 de xaneiro, no salón de plenos do concello, vaise celebrar a segunda charla dirixida á veciñanza de Camariñas na que se informará dos medios para reducir o consumo de auga e enerxía no fogar. Detrás está o feito de que os comportamentos aforradores no fogar teñen tamén un impacto medioambiental e social.A charla, apoiada con presentacións, terá unha duración dunha hora e se desenvolveran os seguintes temas:
1. Aforro de enerxía no fogar
- Porqué reducir o consumo de enerxía
- Consumo de enerxía na casa
- Calefacción
- Auga quente
- Electrodomésticos
- Iluminación
- Consumos fantasmas
2. Aforro de auga nos fogares
- Consumo de auga nos fogares
- Vivir mellor con menos auga
- En que gastamos a auga nos fogares
- Baño e ducha
- Inodoros
- Billas
- Lavadora e lavalouzas
- Fregadeiro
- A auga da chuvia