- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 16 Novembro 2012 16 Novembro 2012

Dende o Concello de Camariñas comuinícasenos que xa está aberto o prazo de inscripción para participar nas xuntanzas e nos cursos que se realizarán na XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Son éstas actividades que esta semana nos amosaron á redacción de Camarinas.eu dúas das novidades que se presentarán progresivamente mentras se vaia acercando unha das datas máis importantes no calendario económico e festivo do Concello de Camariñas.
Xuntanzas de Palilleiras:
Tódolos días da Mostra haberá xuntanzas de palilleiras, as cales demostraran as súas técnicas de palillar así como exaltar os seus lugares de orixe. O aforo é limitado a 200 palilleiras/día, polo que a participación será por orde de entrada das inscricións.
Cursos de Encaixe de Camariñas:
Tódalas aquelas persoas interesadas en aprender puntos tan característicos do noso encaixe como son: os viriles, o casadillo, a araña, o nido de abella, a antena e, puntos compostos como son: a filigrana con teares, o casadillo con cordón, estrelas de zurcidos e flor de zurcidos con cordóns; poderán facelo nestes cursos que se realizaran diariamente na XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas.
