1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PARA A  IGUALDADE E PREVENCIÓN  DA VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS. PROGRAMA “A Igualdade: MISSIÓN POSSIBLE”

Concello de Camariñas

Dende a Área de Igualdade temos o pracer de informarlles que estamos a realizar distintos obradoiros nos centros educativos que se enmarcan dentro do programa de traballo preventivo e de concienciación no ámbito escolar  “A Igualdade: MISSIÓN POSSIBLE” que estamos a desenvolver dende fai 5 anos.  Os obradoiros comezaron onte día 3 de outubro no CEIP “O Areal” de Camariñas.

Establecéronse dous tipos de obradoiros: Educación en igualdade que está dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de primaría dos dous centros educativos do concello comprendidos entre idades de 10 e 12 anos.

Prevención da Violencia de Xénero, que está dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO, do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

Dende a área de Igualdade creemos vital a educación en igualdade e a prevención e sensibilización da violencia de xénero, coa convicción da importancia do traballo nas aulas.

Queremos agradecer o alto grao de colaboración que estamos tendo cos centros escolares do noso concello. Dende a Área de Igualdade queremos agradecer a súa colaboración e interese en tódolos nosos proxectos.  

Reciban un cordial saúdo
Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.