1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

ANUNCIO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, PROCEDEMENTO DE  SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN/dunha téCnico/a QUE SE ENCARGARÁ DO DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS SUBVENCIONADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 4 DE XANEIRO DE 2012, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

Obxecto: É obxecto da presente convocatoria a regulación da contratación dun/dunha técnico/a que se encargará do desenvolvemento e execución das seguintes actuacións subvencionadas ao abeiro da Resolución do 4 de Xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade:

Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero:         

Liña 1: Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes: Camariñas: en clave de igualdade.         
Liña 2: Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero:          Consolidación e establecemento de estruturas de coordinación e cooperación.

Modalidade de contrato: A regulada polo art. 15.1 a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, contrato de duración determinada a tempo completo (obra ou servizo determinado).

Requisitos dos aspirantes: Os establecidos na base 3ª da convocatoria.

Procedemento: Concurso de méritos.

Presentación de instancias:


Prazo: Dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios do Concello e no diario “La Voz de Galicia”.            

Lugar: As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horas de oficina, ou nos termos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, neste caso os concursantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias (base 4ª da convocatoria).

Lugar de obtención de información:


Concello de Camariñas, Praza de Insuela, núm. 57 – 15123 - Camariñas (A Coruña).  

Camariñas, a 9 de agosto de 2012
O Alcalde,        
Asdo.: Manuel Valeriano Alonso de León

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.