1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Concello de Camariñas

A empresa pública de Servizos Agrarios Galegos S.A (SEAGA) vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 5 de xuño de 2012 un anuncio polo que fai pública a convocatoria e bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal para a dita empresa nas seguintes categorías profesionais: Enxeñeiro de montes, Enxeñeiro técnico forestal, Capataz, Xefe de brigada, Peón especialista, Peón, Oficial administrativo, Auxiliar administrativo.

As bases poden consultarse na sede de Seaga (Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi 14 C.P. 15890 Santiago de Compostela e na páxina web de Seaga www.epseaga.com

Tede en conta que a esta convocatoria e bases específicas só poden presentarse as persoas que xa estean anotadas con anterioridade nas listas previas de Seaga na categoría e nos perfís profesionais concretos que ofertan prazas.

Nestas bases aparecen o tipo de probas que deben supera-los candidatos / as (físicas ou informáticas dependendo da categoría) así como os seus correspondentes baremos e a formación profesional que será valorada como mérito.

Nos vindeiros días aparecerá na páxina web de SEAGA unha resolución que iniciará o prazo de tres días para achega-la documentación correspondente á formación profesional.

Lembrade tamén que o día de realización das probas físicas as persoas candidatas deberán levar o seu DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais ou documento equivalente para identificarse así como un certificado médico oficial ou informe de saúde, firmado e selado por un colexiado en exercicio, no que se faga constar que a persoa non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto á data de realización da proba.

Anuncio do DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120605/A

Enlace páxina web Seaga
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php

ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL         
CASA DE PEDRA - 981 73 70 04
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.