- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 05 Xaneiro 2012 05 Xaneiro 2012

Facer máis con menos. En realidade facer todo con nada, sin que ás arcas do noso concello lle coste un só céntimo de euro. Este é o peculiar modo de levar as cousas na súa concellería de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Concelleiro de Cultura e Deportes e que este xoves 5 de xaneiro vai ter un novo exemplo ca celebración da Cabalgata de Reis Magos. Arrancará, arrancou, as 12:00 da mañá no núcleo de Brea, unha especie de Kaliningrado camariñán, para chegar máis ou menos á hora en que se escribe esta noticia, 12:30 h, a Santa Mariña. Logo virán Arou (13:00 h), Camelle (15:30 h), Ponte do Porto (17:00 h), Xaviña (18:30 h) e finalmente Camariñas a partir das 20:00 horas, ben na Praza do Concello ben no Pavillón, dependendo da metereoloxía. Uns cantos empresarios patriotas camariñáns que non deron a espalda ás ilusións de tantos e tantos cativos ao longo do noso concello e fixeron un importante esforzo nestes tempos de crise galopante xunto ca labor imprescindible, necesaria, calada pero vital do persoal municipal de vías e obras (a nosa queirda PMO) e Protección Civil fan posible a realización do evento. Todos eles, mailo Coro de Mulleres, recollen o xusto recoñecemento de Juanillo na nota informativa que adxuntamos.
Gracias as empresas colaboradoras por facer que a cabalgata sexa posible e deste xeito o concello non poña nin un peso. Agradecer tamén a inmensa labor que realizaron os meus compañeiros Sergio Caamaño e Sandra Ínsua porque sin a súa axuda non sería posible contar coa colaboración das empresas patrocinadoras
Agradecer a tódalas persoas que participan no evento dun xeito desinteresado porque gracias a elas é posible que teñamos a Cabalgata 2012.
Además agradecer ao Coro de Mulleres do Concello que vai actuar de xeito desinteresado na praza do Concello coincidindo coa chegada dos Reis Magos a dita praza, será ao redor das 20:00 horas máis ou menos.
Juan Manuel Cabrejo Pasantes


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.