- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 22 Novembro 2007 22 Novembro 2007
A escola de "O Areal" conta xa con dúas aulas para os nenos de 5 anos.
A clase dos nenos de 5 anos estaba composta por 26 alumnos, moitos para dar correctamente as leccións aos rapaces. Despois de moitas negociacións e traballos por parte dos Servizos Sociais do Concello de Camariñas, da Asociación de Nais e Pais de Alumnos, etc.. conseguíuse que a Consellaría de Educación concedera outro profesor para estes nenos e que se desdoblase a aula, co que agora estes 26 alumnos repartiranse polas dúas clases dispoñibles. Sen dúbida que a unión fai a forza e neste caso todo o que se consiga repercutirá na mellora da educación dos nosos pequenos.