1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Cartel promocional das Xornadas do Concello

O día 20 de xullo de 2011 ás 17:00 horas comenzará no Centro de Iniciativas de Camariñas (local situado a carón do Centro de Saúde) estas xornadas onde informarase sobre o certificado de profesionalidade de redeira/o e divulgarase a formula cooperativa como alternativa empresarial para actividades vinculadas ao mar, presentandose as experiencias da federación de redeiras de Galicia e o turismo mariñeiro liderado pola Confraría de Lira (Carnota). Esta actividade encadrase dentro da Rede Eusumo da Consellería de Traballo e Benestar e está organizada pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas e pola federación de cooperativas de Galicia SINERXIA.

 

Lugar de realización: Centro de Iniciativas de Camariñas
Data de realización: Día 20 de xullo de 2011. Ás 17:00horas
Organiza: Axencia de desenvolvemento local do Concello de Camariñas

Contido da Xornada:

 


  • Información sobre o certificado de profesionalidade de Redeira/o e accións realizadas pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas para ofertar acción de formación ocupacional nesta ocupación.
  • Presentación e desenvolvemento a cargo de SINERXIA do programa de dinamización da Rede Eusumo e o Concello de Camariñas:
    - Presentación de experiencias da Federación de redeiras e de actividades turísticas relacionadas co mar.
    - Sesión de divulgación da fórmula cooperativa como alternativa empresarial e de autoemprego.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.