1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Concello de CamariñasO ano pasado levamos adiante un plan especial de emprego para contratar o maior número de traballadores posible que nos permitira o noso presuposto. O traballo previo consistíu na solicitude de axudas en materia de contratación. Se ben é certo que os concellos non teñen competencias en emprego, o Concello de Camariñas distínguese por acercar estes servizos ós nosos veciños. Somos dos poucos concellos que contan cun servizo de orientación laboral. Na Casa de Pedra dispoñemos dunha máquina para selar o paro ca huella dixital. E temos o despacho sempre aberto para atender as demandas de tódolos veciños.

O Alcalde de Camariñas non deixa administración por visitar para conseguir o maior número de axudas para contratar. Conseguiu que a Deputación da Coruña, representada polo seu presidente Salvador Fernández Moreda, nos aprobase unha subvención de 35.000 euros para a contratación de persoal para a limpeza de praias. Encambio a Xunta de Galicia decidiu negar unha vez máis a escola taller de hostelería, a pesar de ser a única solicitada con estas características en toda A Coruña e ser a única que creou emprego despois de que se clausurara.

De todas maneiras, somos persuasivos e decidimos un ano máis poñer cartos das arcas municipais para chegar a contratar a 40 persoas para este verán.


SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo, desenvolvemento empresarial, mar e traballo.
Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004
Fax: 981736199

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.