1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
AS EMPRESAS ELECTRICAS TERAN QUE INDEMNIZAR AOS CLIENTES CANDO NON RESPOSTEN NUN MAXIMO DE 15 DÍAS AS RECLAMACIONS FEITAS

Concello de CamariñasA oficina do consumidor de Camariñas informa e tramita reclamacións de persoas consumidoras ante as deficiencias dos servizos das empresas eléctricas ou os problemas de medición- lecturas de consumo eléctrico, facturas emitidas ou cortes indebidos.

A OMIC de Camariñas quere divulgar as obrigas das eléctricas segundo RD 1955/2000 do 1 de decembro no seu artigo 103 2 letra d. As empresas eléctricas están obrigadas a responder as reclamacións en 5 días hábiles para usuarios/as con contrato de menos de 15Kw en un máximo de 15 días para o resto. Si a empresa non responde neste prazo o/a usuario/a poderá reclamar una indemnización de 30€ ou do 10% do importe da factura seguinte á data da reclamación realizada (pode elixir a cantidade maior das dúas opcións).

Se desexa máis información pode contactar coa OMIC Camariñas na Casa de Pedra de Camariñas. Praza Insuela S/N , tfn: 981737004, enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tamén en , www.ucgal.org

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.