1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Cartel Entroido en Camariñas 2011Co gallo do Entroido 2011 o Concello de Camariñas organiza o Concurso de Disfraces nas modalidades de INFANTIL, INDIVIDUAL XUVENIL-ADULTOS E COMPARSAS, que se celebrará en Camariñas o martes 16 de marzo. A convocatoria deste concurso vai dirixida a tódolos cidadáns que desexen participar con arreglo ás seguintes bases.

A. CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL

1-Poderán só participar nenos/as de idades comprendidas entre os 0 e 12 anos, ámbalas dúas incluídas, que se inscriban previamente na Biblioteca Municipal, de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:00h e 16:30 a 19:30. A inscrición estará aberta ata ás 13:00h do luns día 7 de marzo do 2011.
2-Poderase participar neste apartado individualmente, ou en grupos de ata cinco persoas. O premio outorgarse a unha persoa ou o conxunto do grupo.
3-que terá lugar o martes 8 de marzo do 2011, ás 17:00 horas, no Pavillón Polideportivo de Camariñas. No transcurso do mesmo, o Xurado Cualificador valorará e puntuará a tódalas persoas que acudan disfrazadas, publicándose a súa decisión ó remate do desfile. A resolución do Xurado será inapelable.
4-Os membros de Xurado terán en conta ó outorgar as diferentes puntuacións a vistosidade, a simpatía na representación do disfrace sobre o escenario, a adecuación do vestiario coa alegoría elixida para esta edición, así como a confección do mesmo con motivos propios do Entroido, sendo a puntuación de 1 a 5 puntos.
5-O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.
6-No caso de empate o xurado procederá a unha nova votación ata conceder os premios estipulados no apartado anterior. Pode declarar desertos os premios que non acaden un nivel de calidade axeitado .

 

B. CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAL – XUVENIL/ADULTOS

1-Poderán só participar aquelas persoas que teñan máis de 12 anos de idade, que se inscriban previamente na Biblioteca Municipal, de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:00h e 16:30 a 19:30. A inscrición estará aberta ata ás 13:00h do luns día 8 de marzo do 2011.
2-Poderase participar neste apartado individualmente, ou en grupos de ata cinco persoas. O premio outorgarse a unha persoa ou o conxunto do grupo.
3-O concurso de Disfraces Individual levarase a cabo durante o desenvolvemento do Baile de Disfraces que terá lugar o martes 8 de marzo do 2011, ás 17:00 horas, no Pavillón Polideportivo de Camariñas. No transcurso do mesmo, o Xurado Cualificador valorará e puntuará a tódalas persoas que acudan disfrazadas, publicándose a súa decisión ó remate do desfile. A resolución do Xurado será inapelable.
4-Os membros de Xurado terán en conta ó outorgar as diferentes puntuacións a vistosidade, a simpatía na representación do disfrace sobre o escenario, a adecuación do vestiario coa alegoría elixida para esta edición, así como a confección do mesmo con motivos propios do Entroido, sendo a puntuación de 1 a 5 puntos.
5-O Xurado outorgará os seguintes PREMIOS:

  • Primeiro premio: 100€
  • Segundo premio: 80€
  • Terceiro premio: 50 €

6- No caso de empate o xurado procederá a unha nova votación ata conceder o premio estipulado no apartado anterior. Pode declarar desertos os premios que non acaden un nivel de calidade axeitado .
7-Finalizado o concurso se o gañador do premio nesta modalidade é un menor de idade entregaráselle un vale polo importe do premio para comprar en calquera establecemento do Concello de Camariñas. Se é maior de idade entregarase un diploma a cada un dos gañadores, ingresándose o premio en metálico na conta bancaria sinalada no momento de realizar a inscrición.
8-O importe dos premios será aboado polo Concello de Camariñas con cargo ó seu presuposto.
9-Os membros do Xurado serán designados polo Concello de Camariñas.

 

C. CONCURSO DE COMPARSAS

1-Poderán participar tódalas persoas maiores de 12 anos ou menores de 12 acompañados dun adulto, que se inscriban previamente na Biblioteca Municipal, de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:00h e 16:30 a 19:30h. A inscrición estará aberta ata ás 13:00 horas do luns día 8 de marzo do 2011.
2-No Concurso de Disfraces de Comparsas poderán participar todos aqueles grupos que o desexen, debendo estar formados por un mínimo de 6 persoas, cuxos disfraces deberán gardar ente si coherencia e uniformidade.
3-O concurso de Disfraces de Comparsas levarase a cabo durante o desenvolvemento do Baile de Disfraces que terá lugar o martes 8 de marzo do 2011, ás 17:00 horas, no Pavillón Polideportivo de Camariñas.
4-Na decisión do Xurado Cualificador valorarase a orixinalidade e harmonía de cada comparsa, así como a escenificación e dinamismo do motivo elixido, sendo a puntuación de 1 a 5 puntos.
5-A resolución do Xurado Cualificador emitirase ó final do desfile, sendo esta inapelable.
6-O Xurado outorgará os seguintes PREMIOS:

  • Primeiro premio: 300€
  • Segundo premio: 180€
  • Terceiro premio: 120 €

7- No caso de empate o xurado procederá a unha nova votación ata conceder os premios estipulados no apartado anterior. Pode declarar desertos os premios que non acaden un nivel de calidade axeitado.Finalizado o concurso, entregarase un diploma a cada un dos gañadores, ingresándose o premio en metálico na conta bancaria sinalada no momento de realizar a inscrición.
8-O importe dos premios será aboado polo Concello de Camariñas con cargo ó seu presuposto.
9-Os membros do Xurado serán designados polo Concello de Camariñas.
Para ampliar información dirixirse á Biblioteca Municipal de Camariñas. Teléfono 981737234. Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.