5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
O CONCELLO DE CAMARIÑAS APOSTA POLO APOIO ESCOLAR A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

Aproveitando o comezo do curso escolar o Concello de Camariñas poñe en marcha un “obradoiro de apoio escolar a través das novas tecnoloxías”.

Dará comezo o próximo xoves día 16 e terá lugar en Ponte do Porto ,Camelle e Camariñas. Nesta actividade participarán alumnos de 5º e 6º de primaria de todo o concello. O obxetivo do Concello é achegar os rapaces e rapazas a informática coma unha ferramenta de traballo, ensinarlles a buscar información,realizar actividades de aprendizaxe e reforzo, organizar os seus traballos e presentalos de un xeito eficiente .

Para máis información chamar a Casa de Pedra o 981737004 ou o 675802314.
Mª Carmen Linares Chica Concelleira de Servizos Sociais , Igualdade e Saúde

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.